
Este domingo soprarei as 19 (pra aforrar pulmón vou poñer só os números 1 e 9), cravadas sobre capa de chocolate e galleta. Pero desta vez decateime de que faltaba un detalle. Unha postal de felicitación, sí, co remite da TVG, como acontecía cada ano. Pero aínda así lembrei que nun pasado fun xabarí
n, e é ben posible que un chisquiño aínda me quede.
Este post vai dedicado ás xeracións que medramos con estes debuxos, qué digo, programa, qué digo, fenómeno cultural: Saíu en antena o 18 de abril de 1994, e en poucos anos xa serían 100.000 rapaces (a cuarta parte dos nenos de G
alicia) os que enviasen dúas fotos carnet coa resposta á enrevesada pregunta de acceso. Saír da escola cada tarde, e mandarse o bocata da merenda namentres viamos O doutor Slump (Arale), o interminable (e polémicamente voilento) Dragon Ball Z, Cazapantasmas, Hatori o Ninja, Os Picapedra, Astérix e Obélix, Rocky e Bullwnikle, (espera que collo aire).....Garfield, Gatocan (soiño no mundo está), Manda Truco, Sin Chan, As
tartarugas mutantes e MOITOS MÁIS. Se vos pica algunha vez o meniño que levades dentro podedes mirar e descargar moitas destas series en Xeración Xabarín. Os debuxos non o eran todo, tamén había concursos onde berrabas Oink! e levabas un walkman, tamén publicaban as fotos dos rapaces que cumprían anos, pero é pecado esquecer os videoclips de "A cantar con Xabarín". Son tan coñecidos coma as series, así que omitirei enumeralos (Churras, Ai ven Pistón, Non todo é o que parece, A lavadora, vale, xa paro). Ata aquí por hoxe socios, e mañá, máis e mellor.


29 mar 2008 | 05:04
Pues no estaba aquí en España para verlo...pero me hablan mucho del club xabarín y estas cosas...pero no estoy bien informada :P
Oye, por cierto...te mandé un mail contándote lo que me pasó...y ahora a través del blog de Dani Martí llegué al que tienen de prácticas y me di cuenta que si...que te confundí, pero ahora aclarado ;)
un besiño
30 mar 2008 | 05:04
Hola!
Es increíble cómo nos ha llegado a marcar tantísimo este programa, siempre me llamó muchísimo la atención.
Recuerdo con especial cariño Hatori o ninja, Doraemon, Los Picapiedras, y unos de miedo que se llamaban algo así como "Historias de la cripta", ay, qué recuerdos!
Siempre quise ser socia, pero por una cosa u otra nunca lo fui :S
Por cierto: FELICES 19!!
31 mar 2008 | 11:27
ola,
é certo que se botan de menos as felicitacións do xabarían, tamén a foto de cando tiñas tres anos...no diario "hoxe cumpren"
pois si, o xabarín marcou a nosa infancia, e agora marca a infancia das novas seracións.
quen non se lembra de Hatori o Ninja, Os Picapedra, Astérix e Obélix, Rocky e Bullwnikle??
que non se lembra de "eu coñecinte nun bar.."
parabéns david, parabéns xabarín!!+
un saúdo
1 abr 2008 | 08:12
O Xabarín CLub sempre foi a mellor "arma" de promoción do galego entre a rapazada cos debuxos, as cancións, as películas, as reportaxes...
Que de horas pasei enfrascada na TV pola súa boa programacion, xogos, promocións.... Que tempos!!
Dirán que xa imos grandiños pero non podo evitar sentirme nostálxica cando se fala dalgo que marcou tanto a miña vida.
En fin, FELICIDADES moooooi atrasadas (pero mellor tarde que nunca :P)